domingo, 5 de junio de 2011

Tapete con piñas

Acabo de rematar este tapete circular:

Foi realizado con fío mercer crochet de Coats nº 30 (aproximadamente 57g). Ganchillo de número 10 (0.75 mm).
O diámetro final ronda os 55 cm

Aquí deixo o patrón, non se ve moi ben, polo cal se hai algunha dúbida non teñades problema en preguntar.

domingo, 20 de febrero de 2011

Bufanda branca de ganchillo


Por fin terminei unha bufanda branca de ganchillo, que tiña un pouco parada porque me quedara sen la:


Mide sobre 210 cm de longo por 26 cm de ancho, realizada con 250 g de lana acrílica 100% e un ganchillo de 2.50 mm.
Utilicei o patrón que aparece neste blog.


Así que grazas Esther por compartir as túas labores!!



martes, 1 de febrero de 2011

Funda para ebook (II)

Ao final me puxen e rematei a funda para o ebook da cal falábamos nunha entrada anterior:

Está toda cosida a man.
Esquemáticamente, os pasos foron estes:



Córtase a tela principal, según o patrón desexado, coas medidas apropiadas para o noso ebook.





Logo, cosemos os ribetes, que irán adornando a funda:






Entón cosemos o fieltro (das mesmas medidas que o patrón) ao ribete pola cara interna. Este fieltro fai a labor de forro e de acolchado.









Acto seguido cosemos as costuras laterais polo interior...dámoslle a volta e ...tachán:




viernes, 21 de enero de 2011

Dragón Branco (II)


Xa está enmarcado e colgado o dragón da entrada anterior:

A foto non e moi boa, pero estou contenta co resultado, queda bastante bonito.
O cadro mide 74 cm x 52 cm contando co marco, bastante grande.
Aproximadamente 350x261 puntos, máis de 91000 en total, realizado con 50 cores.

Tentarei que o seguinte cadro sexa mais pequecho, e cunhas cores non tan frias como lle correspondeu a este dragón de inverno.

Un saúdo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...