domingo, 26 de septiembre de 2010

Rato de amigurumi

Como Donna (unha gatiña que adoptamos recentemente) é moi xoguetona, ocorréuseme facerlle un novo xoguete.
Neste caso, un rato de amigurumi:









Buscando pola rede, atopei este patrón, que foi o que fixen.
O meu está oco, e dentro puxen un cascabel, co cal a gatiña ponse toda frenética xogando.
Empreguei unhas lanas acrílicas, e un ganchillo de 4 mm. Os ollos son bordados nunha cor fuccia.

De momento o rato é todo un éxito, a ver canto dura :D
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...