martes, 26 de octubre de 2010

Dragón Branco (I)

Por fin rematei o dragón branco que levo bordando dende o 2004 nada menos.
Aquí temos un detalle da cabeza:
Está bordado a punto de cruz 1x1, en tela de 6 cruces por cada cm. Os fíos son Anchor.

Agora queda lavalo, e enmarcalo. Pronto verémolo en todo o seu esplendor.

domingo, 26 de septiembre de 2010

Rato de amigurumi

Como Donna (unha gatiña que adoptamos recentemente) é moi xoguetona, ocorréuseme facerlle un novo xoguete.
Neste caso, un rato de amigurumi:









Buscando pola rede, atopei este patrón, que foi o que fixen.
O meu está oco, e dentro puxen un cascabel, co cal a gatiña ponse toda frenética xogando.
Empreguei unhas lanas acrílicas, e un ganchillo de 4 mm. Os ollos son bordados nunha cor fuccia.

De momento o rato é todo un éxito, a ver canto dura :D

miércoles, 14 de abril de 2010

Funda para ebook (I)

Como a funda de coiro do ebook estase deteriorando, decidín facerlle unha funda de tela para protexer a outra funda. Xa debía tela feito...pero son un pouco vaga á hora de comprar telas.
Por fin me decidín, e estes son os materiais que vou empregar:
Unha tela crea navideña, outra crea granate (para os ribetes) , e un fieltro vermello para forrar o interior.
A ver que sae de aí...

miércoles, 24 de marzo de 2010

Rematando un mantel

Creo que xa chegou o momento de rematar un mantel que me regalou a avoa de Luis.Foi un regalo de reis, xunto cunha preciosa caixa de costura e un montón de fíos ( de bordar, de ganchillar...). Todo elo pertencía á súa filla falecida. Foi un regalo moi emotivoe agradézollo moito.
Con moita honra usarei estes materiais e rematarei o mantel inacabado.

miércoles, 17 de marzo de 2010

Outra bufanda...terminada!

A bufanda da que falabamos nunha entrada anterior, xa está rematada!
Ao final mide sobre 22.5 cm de ancho por 174 cm de longo. Levou case os 3 ovillos e bastante tempo. Agora agardo que faga ben a súa función e que abrigue!

lunes, 22 de febrero de 2010

My first Doily of Rassilon

Aquí están unhas fotos do meu tapetiño co símbolo de rassilon:















As instruccións saqueinas de crafty_tardis, en concreto do patrón de meredee.
Saiu cun diámetro de aproximadamente 20 cm.

jueves, 18 de febrero de 2010

Outra bufanda

Parece que xa fai un ano que teño abandonada a bufanda do doctor :(
Como este ano fixo tanto frío, decidín facer unha bufanda para Luis, pero esta non é tan friki.
Está realizada a punto inglés cun fío comprado no corte inglés de rebaixa (100% acrílica). Parece que vai levar preto de 3 ovillos de 100 g, e xa estou acabando o segundo, co cal o avance vai sendo dun 60% ou así. Ou sexa, que será para usar no inverno próximo.

Está saíndo moi mullidita, agradable ao tacto. Seguín as instruccións moi ben explicadas do seguinte blogue: lcastro
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...